Como cada ano cando chega esta data, no colexio e na biblioteca facemos un montón de actividades para celebrar Halloween e Samaín.
Comezamos coa exposición de todas as creacións artísticas terroríficas que trouxeron os nosos nenos e nenas das súas casas.
Tamén colocamos no corredor principal unha selección de lecturas de medo para todas as idades coa intención de fomentar a lectura entre todo o alumnado.
Ademais volvemos a convocar o certame de creación literaria no que lle demos ao alumnado o principio dun libro para que reinvente a historia; este ano os libros escollidos foron Os catro gatos de Archibaldo de Gaëlle Duhazé e O caderno de Roque de Carlos Taboada.
Nas seguintes imaxes podedes ver aos participantes no certame e aos
gañadores que nos leron os seus relatos na biblioteca.
Como remate final da xornada, celebramos unha festa no patio do colexio na que o pasamos xenial!
SAÚDOS TERRORÍFICOS!!

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario