O Día das Escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto a outras asociacións para reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.
Desde o Colectivo Lemos Le formado polas bibliotecas escolares e municipais da comarca, quixemos dedicar este día á escritora soberina Moncha Prieto autora do libro Alma de barro. Relatos da Ribeira Sacra facendo diferentes actividades nas diferentes bibliotecas que o compoñen
Na nosa biblioteca o que fixemos foi invitala á Radiuvín para facerlle unha entrevista con preguntas nosas pero tamén curiosidades de nenos e nenas doutros centros educativos. Se queredes saber moitas cousas sobre ela e a súa obra podedes facelo escoitando o seguinte podcast.
Despois fixémoslle un pequeno agasallo para agradecerlle esta entrevista tan bonita.
Moitas grazas, Moncha!!

.jpg)
.jpg)
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario