viernes, 27 de marzo de 2026

DÍA DO TEATRO - EASTER HOLIDAYS

    O 27 de marzo commemórase o Día Mundial do Teatro coa finalidade de reforzar a importancia deste xénero literario.


   Como este ano coincidía co último día de clases antes das vacacións de Semana Santa, decidimos facer unha actividade conxunta coa mestra de inglés para conmemorar tamén as Easter Holidays.

    Para iso fixemos unha variante do xogo Puro teatro de Guridi baseado na técnica da improvisación. Este xogo ten como obxectivo crear e representar unha pequena escena teatral traballando en equipo e respectando as premisas que nos dan as cartas (un lugar, un obxecto, unha frase que hai que utilizar e unha dificultade engadida).
 

    Tomando como base as tarxetas do xogo, creamos outras con obxectos, lugares, dificultades e frases relacionadas coa Pascua e os ovos de chocolate engadindo a idea de utilizar unha frase en inglés. Despois fixemos grupos interniveis para que prepararan as súas improvisacións fomentando aspectos como a creatividade e a toma de decisións.





     Tras un tempiño para preparar as súas actuacións, dirixímonos ao Salón de Actos onde cada grupo tivo que representar diante do resto dos grupos a súa creación.







    Para rematar repartimos Easter Eggs para todas as crianzas polos seus dotes interpretativos e, sobre todo, por realizar tan ben unha actividade que implicaba, ademais da creatividade, un traballo en equipo no que se respectase aos demais membros do grupo independentemente da súa idade.
 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario