miércoles, 22 de octubre de 2025

A TETEIRA DE KABUL

   O alumnado de Educación Primaria asistiu hoxe no Salón de Actos do colexio, á representación da obra "A teteira de Kabul" que é unha adaptación para monicreques do conto de Carolina Pujadas feita pola Compañía Xarope Tulú en colaboración coa ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz

     A súa protagonista é Mina, unha nena afgá que ten que abandonar o seu fogar como consecuencia da guerra. Xunto á súa familia emprende unha longa viaxe na que, a pesar das duras condicións, irá descubrindo a bondade grazas ás historias que lle conta súa nai e que ela garda nunha teteira para poder volver a elas cando precise que os contos a arroupen.

 A personaxe de Mina está inspirada na vida da escritora afgá Nadia Ghulam quen sufriu os horrores da guerra de Afganistán cando era nena e agora é unha activista pola paz.

 

MOITAS  GRAZAS  AO  CONCELLO  POR  ACHEGARNOS  ESTA  PROPOSTA  QUE  NOS  FIXO  REFLEXIONAR  SOBRE  A  REALIDADE  DAS  PERSOAS  REFUXIADAS, A IMPORTANCIA  DA  SOLIDARIEDADE  E  O  VALOR  DE  VIVIR  EN  PAZ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario