lunes, 20 de noviembre de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA - DÍA DOS DEREITOS D@S NEN@S

    O 20 de novembro conmemórase o Día Internacional da Infancia porque nesta data, en 1989,  se firmou a Convención sobre os Dereitos dos nenos e das nenas; un texto no que se recollen os dereitos da infancia, as medidas de protección e os coidados que necesitan xs menores de 18 anos.

  Para conmemoralo e dar a coñecer este día, decidimos centrarnos no decálogo que resume o texto da convención porque abarcala toda é moi difícil. Así que o que fixemos foi repartir estes dez dereitos principais a 10 grupos de nenos e nenas de xeito que cada grupo tiña que ilustrar nun vagón o dereito que lle correspondía.


   Despois o alumnado de Infantil foi o encargado de decorar a locomotora que tirara por todos eses vagóns.

  Cando xa tivemos todas as partes preparadas, unímolas formando o noso gran TREN  DOS  DEREITOS!

Podedes ver todas as imaxes e cada un dos vagóns, seguindo o enlace:

GALERÍA  DE  IMAXES


Mesturas homoxéneas e heteroxéneas



Materiais

3 vasos transparentes

Auga

Leite

Sal

Lentells

Xabón de mans

Cacao

Arroz

Aceite


Preparación

Mesturas homoxéneas:

Enche dous vasos de auga até a metade e outro de leite.

Nun dos vasos de auga, botamos un pouco de sal e no outro unha pequena cantidade de

 xabón de mans.

Botamos unha cullerada de cacao sobre o vaso de leite e revolvemos ben os tres vasos. 

Pódese diferencia a substancia engadida nos tres vasos?





Mesturas heteroxéneas:

Poñemos sobre a mesa os dous vasos.

Nun dos vasos botamos auga e no outro botamos un pouco de arroz.

No vaso con auga, botamos unhas culleradiñas de aceite e sobre o vaso de arroz, botamos lentellas. 

Removemos ben ambas mesturas.

Observa se desta vez es capaz de diferenciar o introducido en cada vaso.






Que é o que observamos?

Nas mesturas homoxéneas, o que observamos é que ao remover ben ambas substancias, estas mestúranse de forma que non poidamos diferencialas dentro do propio vaso.

Nas mesturas heteroxéneas observamos que, por moito que revolvamos ambas substancias, 

estas nunca se disolverán entre elas, senón que sempre permanecerán separadas, de forma que 

poderemos diferencialas dentro do propio vaso despois de revolvelas.


Explicación

Unha mestura é a combinación de dúas ou máis substancias puras, que poden atoparse en cantidades variables, pero mantendo as súas propiedades.

Estas mesturas poden ser homoxéneas ou heteroxéneas.


Mesturas homoxéneas son aquelas cuxos compoñenetes están distribuídos de maneira uniforme, é dicir, non se poden visualizar a simple vista.


Mesturas heteroxéneas son aquelas que están compostas por elementos que se poden diferenciar os uns dos outros a simple vista.

 



viernes, 17 de noviembre de 2023

VISITA DO ALUMNADO DE 1º CURSO DO GRAO DE ED. INFANTIL

   Por segundo ano alumnos e alumnas de 1º curso do Grao de Educación Infantil da Facultade de Ourense acompañados por varios mestres e mestras viñeron a coñecer a realidade do noso centro educativo.

    Para un mellor desenvolvemento da actividade, xs universitarios dividíronse en 5 grupos para pasar por 5 puntos diferentes do noso colexio: a biblioteca, o espazo croma, a radio e as dúas aulas de Ed. Infantil.

    Nas aulas de Ed. Infantil puideron coñecer ás nosas crianzas e a diferente metodoloxía de traballo que se leva a cabo entre Infantil A que é unha aula mixta (3 e 4 anos) e Infantil B (aula de 5 anos).


   Na biblioteca biblioaxudantes de 5º e 6º de Primaria tiñan preparada unha intervención con información sobre a organización da mesma (Lectuvín, a CDU, espazo creativo...), as actividades que facemos, o seu labor como biblioaxudantes e todos os recursos e materiais que se poden atopar nela. 


    Nos estudos radiofónicos de Radiuvín, outro grupo de biblioaxudantes explicáronlles como se grava, como funciona o programa editor de audio e ata lles fixeron unha pequena entrevista.


 

      No espazo audiovisual do croma, tres biblioaxudantes recibían aos futuros mestres e mestras para explicarlles como se utiliza esta técnica e as súas aplicacións didácticas: pero non só de forma teórica xa que puideron facerse varias fotografías e gravar algúns vídeos.


 

MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  A  COMPARTIR  CON  NÓS  ESTA  MAÑÁ,

ESPERAMOS  QUE  VOS  GUSTARA  A  VISITA!!


 
 

jueves, 16 de noviembre de 2023

CLUB DE LECTURA (2/ 2023 - 2024)

    Despois dunha primeira sesión na que os membros do club de lectura fixeran as enquisas iniciais, hoxe puxémolas en común e decatámonos de que temos gustos moi diferentes o que vai a implicar que uns libros nos gustarán máis e outros menos pero que teremos que ler de todo para intentar respectar os gustos de todos e cada un de nós.

     As moderadoras decidimos comezar a andaina deste curso co libro Mitos e Lendas da Ribeira Sacra, escrito por Dani Viéitez e Iria Iglesias.

     As lendas que compoñen este libro corresponden a diferentes lugares que forman parte dos concellos da Riberia Sacra e o que fixemos foi adxudicar a cada membro do club a lenda máis próxima ao seu domicilio ou aquela coa que tiveran algo de relación; para que preparasen unha pequena exposición para os seus compañeiros que escoitaremos na próxima sesión que xa estamos desexando que chegue!!

viernes, 10 de noviembre de 2023

CLUB DE LECTURA (1 / 2023 - 2024)

 Comezamos as reunións do club de lectura VIAXANDO  POLAS  LETRAS do curso 2023 - 2024!

  Unha aventura lectora que empeza con moita forza xa que se apuntou todo o alumnado de 5º e 6º de Primaria.


    Nesta primeira reunión, os membros do club cubriron unhas enquisas iniciais para establecer o punto de partida: que esperan do club e das reunións, os seus gustos e hábitos lectores...


VÉMONOS  NA  SEGUINTE  SESIÓN!!

miércoles, 8 de noviembre de 2023

CARTAS DENDE A RÍA

   Queremos presentarvos un novo proxecto no que estamos inmersos este curso 

"CARTAS DENDE A RÍA".


    A principios de curso chegounos esta proposta desde o CEIP Seara (Moaña) para cartearnos e compartir información sobre as diferenzas e semellanzas entre a vida nunha vila de interior e unha vila de costa: paisaxe, profesións, clima... e, por suposto, aceptamos encantados!

   Esta semana xa nos chegaron as súas primeiras cartas e, como podedes ver, o noso alumnado está moi emocionado con elas e poñendo xa a mente a traballar para contestarlles canto antes!

 


GALERÍA  DE  IMAXES

viernes, 3 de noviembre de 2023

MAGOSTO 2023

 Novembro é o mes dos magostos e das castañas e no cole fixemos o noso propio magosto!

  A xornada comezou na biblioteca onde os biblioaxundates Javier, Germán e Carlota leron varios poemas realacionados co outono e coas castañas do libro Os soños na gaiola de Manuel María.
 


  Pola tarde foi o momento de gozar das castañas asadas, comelas e pasar un rato divertido!
 

Podedes ver máis imaxes deste día no seguinte enlace:

GALERÍA  DE  IMAXES