miércoles, 10 de enero de 2024

OBRADOIRO DE RADIO - PONTE NAS ONDAS

    Un ano máis seguimos participando no Proxecto Radio na biblio destinado a centros que forman parte do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), e esta participación permítenos contar con formación no centro para o noso alumnado.

   Nesta ocasión volvemos a contar coa presenza de Damián Alonso a través da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas!
 

    O obradoiro constou de tres partes: comezamos coa parte técnica centrándonos na aprendizaxe do programa de gravación e edición de audio Audacity: importar, cortar, aumentar ou reducir volume, modificar o tempo, a velocidade, o ton, engadir silencios, traballar con dúas pistas de audio, gardar proxecto, exportar...
 


    Despois chegou a parte da locución tendo en conta aspectos como a transmisión da mensaxe (velocidade, ton e intensidade), os signos de puntuación, os tipos de locucións... E tamén fixemos exercicios de vocalización, de lectura avanzada, trabalinguas...
 


   Para rematar elaboramos entre todos un programa de radio divididos por parellas, de xeito que cada parella podía falar do que quixera: deportes, gustos, actividades no tempo libre... pero para iso, tiñan que elaborar o guión da súa intervención tendo en conta todo o aprendido: frases curtas, linguaxe sinxela, poucos tecnicimos...

 
    Unha vez que tiveron o guión elaborado, foron pasando polos estudios de radio que Damián instalou na biblioteca de xeito que todos fixeron de locutores e de técnicos de son encargándose da mesa de mesturas e da gravación.
 



    Moitas grazas a Ponte...nas ondas! e a Damián Alonso por este obradoiro tan completo e divertido.  Seguro que lle sacaremos moito proveito!!
 
 

jueves, 4 de enero de 2024

CERTAME DE POSTAIS DE NADAL DO CONCELLO DE SOBER

    Mentres estabamos de vacacións de Nadal, no Concello de Sober entregáronse os Premios do Certame de Nadal da Biblioteca Pública Municipal de Sober, un certame no que sempre participamos enviando unhas fermosas postais de Nadal feitas por todo o alumnado do colexio.

    As crianzas de infantil fixeron unhas postais moi bonitas cos seus dediños e unha estrela impresa en 3D.

  O alumnado de Primaria tamén participou cunhas postais moi coloridas e alegres.

   Ademais de darlle cor a nosa biblioteca, as postais tamén puideron verse durante todas as vacacións de Nadal na BPM xa que estiveron expostas na Casa da Cultura do Concello.


   Pola participación neste Certame, a Biblioteca Pública Municipal agasoullos cun diploma que recolleu a mestra Antía e unha sorpresa que o alumnado poderá disfrutar na nosa biblioteca! 

 

MOITAS  GRAZAS!!


viernes, 22 de diciembre de 2023

FELICITACIÓN DE NADAL

       Todos  os  membros da Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme; queremos desexarvos FELICES FESTAS con esta versión percutida da navideña Marcha Radetzky de J. Strauss.

       Esperamos que vos guste moito vela e, se vos apetece... DÁDELLE  ÁS  PALMAS!!

 
FELIZ  2024  E  BO NADAL!!!

VISITA DE PAPÁ NOEL 2023

     A biblioteca do noso cole é o centro da vida escolar e nesta ocasión foi o lugar escollido por Papá Noel para recibir ao alumado do centro na recepción que cada ano organiza o Concello de Sober.

  A súa chegada é un momento moi emocionante para os nosos nenos e nenas que o reciben sempre con moita ilusión; por iso, queremos compartir as imaxes deste encontro compartindo así a súa ilusión con todos vós.

   Na galería de imaxes atoparedes todas as fotos do alumnado individuais ou por grupos familiares aínda que faltan algúns que lle tiveron medo e non se quixeron achegar a Papá Noel.

GALERÍA  DE  IMAXES

 

miércoles, 20 de diciembre de 2023

CLUB DE LECTURA (5 / 2023 - 2024)

   Na última reunión do club de lectura desta avaliación, rematamos as sesións dedicadas ao libro Mitos e Lendas da Ribeira Sacra coa visita dos seus autores: Dani Viéitez e Iria Iglesias.


  Nesta reunión os membros do club de lectura puideron falar con eles de todo o relacionado co proceso de creación dun libro desde a idea inicial ata que chega aos lectores.

    Algo que lles resultou moi interesante e sorprendente deste proceso foi o traballo de ilustración dixital, xa que Iria e Dani mostráronlles como se debuxa e como evolucionan as ideas desde o boceto inicial ata o resultado final.



  Outros temas que tratamos foron o traballo de investigación e documentación que tiveron que facer para escribir este libro e a importancia das lendas e da cultura popular dun pobo.

       Tamén pudiemos falar sobre os gustos persoais dos nenos e das nenas e compartir o seu punto de vista cos autores: que lendas lles gustaron máis, cales menos, cales non entenderon ben, por que case todas tiñan que ver con namorados...


      Ademais aproveitamos para falar con eles sobre outros dos seus libros, dos seus comezos como autores e ilustradores, de próximos proxectos...

     E antes de marchar, os autores aínda tiveron un tempiño para dedicarlle unhas palabras e unhas ilustracións ao membros do club.



  MOITAS  GRAZAS,  IRIA  E  DANI,  POR  ESTA  VISITA

E   POR  COMPATIR  CON  NÓS  O  VOSO  TEMPO!!

XA  ESTAMOS  DESEXANDO  LER  O  VOSO  PRÓXIMO  LIBRO!!

 

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Ana

   Rematamos As familias contan desta avaliación coa participación da familia de Ana: Mari, a súa nai; Delfín, o seu pai e Dani, o seu irmán.

   Eles estreáronse nesta actividade léndonos o libro Mi camita escrito por J. S. Pinillos.


   Unha historia que anima ás crianzas a durmir soas na súas camiñas explicándolles o marabilloso que pode chegar a ser.

   Descubrimos que a camiña pode ser un refuxio, unha compañeira de xogos ou o lugar onde ter o mellor descanso.

   Tamén pode ser unha amiga que nos fai esquecer os malos momentos do día, unha viaxeira que nos leva en soños a moitos lugares diferentes ou unha compañeira de lectura.

   Se queredes escoitar toda a historia desta nena e a súa camiña podedes facelo no seguinte podcast que gravaron nos estudos de Radiuvín.

 

MOITAS  GRAZAS  POR  TRAERNOS  ESTE  LIBRO  QUE  NOS  DESCUBRIU  O  FASCINANTE  QUE  PODE  SER  DURMIR  NAS  NOSAS  CAMIÑAS!!