jueves, 23 de octubre de 2025

DÍA DAS ESCRITORAS 2025 - Colectivo Lemos Le

 

  Como xa publicamos nunha entrada anterior, as bibliotecas do Colectivo Lemos Le quixemos dedicar este día á escritora soberina Moncha Prieto autora do libro Alma de barro. Relatos da Ribeira Sacra.

  Na seguinte presentación, poden consultarse as diferentes actividades que fixemos nas diferentes bibliotecas sobre a súa vida e a súa obra.

miércoles, 22 de octubre de 2025

A TETEIRA DE KABUL

   O alumnado de Educación Primaria asistiu hoxe no Salón de Actos do colexio, á representación da obra "A teteira de Kabul" que é unha adaptación para monicreques do conto de Carolina Pujadas feita pola Compañía Xarope Tulú en colaboración coa ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz

     A súa protagonista é Mina, unha nena afgá que ten que abandonar o seu fogar como consecuencia da guerra. Xunto á súa familia emprende unha longa viaxe na que, a pesar das duras condicións, irá descubrindo a bondade grazas ás historias que lle conta súa nai e que ela garda nunha teteira para poder volver a elas cando precise que os contos a arroupen.

 A personaxe de Mina está inspirada na vida da escritora afgá Nadia Ghulam quen sufriu os horrores da guerra de Afganistán cando era nena e agora é unha activista pola paz.

 

MOITAS  GRAZAS  AO  CONCELLO  POR  ACHEGARNOS  ESTA  PROPOSTA  QUE  NOS  FIXO  REFLEXIONAR  SOBRE  A  REALIDADE  DAS  PERSOAS  REFUXIADAS, A IMPORTANCIA  DA  SOLIDARIEDADE  E  O  VALOR  DE  VIVIR  EN  PAZ.

DÍA DAS ESCRITORAS 2015

    O Día das Escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto a outras asociacións para reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.   

   Desde o Colectivo Lemos Le formado polas bibliotecas escolares e municipais da comarca, quixemos dedicar este día á escritora soberina Moncha Prieto autora do libro Alma de barro. Relatos da Ribeira Sacra facendo diferentes actividades nas diferentes bibliotecas que o compoñen

 

    Na nosa biblioteca o que fixemos foi invitala á Radiuvín para facerlle unha entrevista con preguntas nosas pero tamén curiosidades de nenos e nenas doutros centros educativos. Se queredes saber moitas cousas sobre ela e a súa obra podedes facelo escoitando o seguinte podcast.


 

Despois fixémoslle un pequeno agasallo para agradecerlle esta entrevista tan bonita.

Moitas  grazas, Moncha!!


 
FELIZ  DÍA  DAS  ESCRITORAS!! 

GALERÍA  DE  IMAXES

  

jueves, 2 de octubre de 2025

VIII ANDAINA ESCOLAR POLO CAMIÑO DE INVERNO

 

      A  Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra organizou o venres día 3 de outubro a VIII Andaina escolar polo Camiño de Inverno na que participamos uns 2.000 escolares percorrendo diferentes tramos deste camiño.

    Do noso centro participaron os nenos e as nenas de Educación Infantil que camiñaron desde o Castelo de Monforte de Lemos ata o Parque dos Condes e o alumnado de Primaria que veu camiñando desde Reigada, aproximadamente 6 km.


    A andaina rematou no Auditorio ao aire libre do Parque dos Condes onde nos reunimos todas as crianzas para coller forzas antes de volver ao colexio.


    Se queredes saber máis información sobre esta actividade podedes ver a publicación desta xornada no seguinte enlace:
E para pasar un bo rato lendo sobre o Camiño de Santiago, lembrade que na biblioteca encontraredes moitos libros que podedes levar prestados.
 




 
 MOITAS  GRAZAS  Á  ASOCIACIÓN  CAMIÑOS  A  SANTIAGO  POLA  RIBEIRA  SACRA POLA  ORGANIZACIÓN  DESTA  ACTIVIDADE!!
 

viernes, 19 de septiembre de 2025

PRÁCTICUM - Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense

    Por terceiro ano colaboramos coa Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense. Nesta ocasión a colaboración fíxose dento do Prácticum. Obradoiros de iniciación á práctica profesional destinado ao alumnado dos Graos de Educación Infantil e Educación Primaria coa finalidade de coñecer a realidade do noso centro educativo.

    Para  o desenvolvemento da actividade, xs universitarios dividíronse en varios grupos guiados por biblioaxudantes que pasaron por 5 puntos diferentes do noso colexio: a biblioteca, o espazo croma, a radio e as aulas de Ed. Infantil e Ed. Primaria.







   Na biblioteca, xs biblioaxudantes tiñan preparada unha intervención sobre a organización da nosa biblioteca (Lectuvín, a CDU, espazo creativo...), as actividades que facemos, o seu labor como biblioaxudantes e todos os recursos e materiais que se poden atopar nela.


     No espazo audiovisual do croma, tres biblioaxudantes explicáronlles como se utiliza esta técnica e as súas aplicacións didácticas: pero non só de forma teórica xa que puideron facerse varias fotografías e gravar algúns vídeos. 

      A continuación coñeceron os nosos estudos radiofónicos de Radiuvín, onde outro grupo de biblioaxudantes recibiron aos futuros mestres e mestras para explicarlles como se grava, como funciona o programa editor de audio e ata lles fixeron unha pequena entrevista.


    Na visita ás aulas de Ed. Infantil e Ed. Primaria puideron coñecer ás nosas crianzas e a diferente metodoloxía de traballo que se leva a cabo nas aulas mixtas, nas que convive o alumnado de dous cursos diferentes, e nas aulas simples.




   Despois das visitas programadas puideron compartir tempo de lecer co noso alumnado durante o recreo.


    E para rematar, o alumnado da facultade participou nunha mesa redonda coa directora do centro e o noso alumnado na que puxeron en común impresións, inquedanzas, dúbidas, ideas...


MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  A  COMPARTIR  CON  NÓS  ESTA  MAÑÁ,

ESPERAMOS  QUE  VOS  GUSTARA  A  VISITA!!

GALERÍA  DE  IMAXES