miércoles, 10 de junio de 2026

CLUB DE LECTURA (14 - 2025/2026)

    Hoxe rematamos as sesións do club de lectura deste curso 2025 - 2026. Para facelo, primeiro o alumnado cubriu unha enquisa de avaliación final sobre as lecturas deste curso e propio desenvolvemento das sesións do club que nos servirás ás moderadoras para deseñar e organizar o club de lectura o próximo curso.

ENQUISA  DE  AVALIACIÓN  FINAL

   Despois compartimos un xantar de despedida na biblioteca entre todos os membros do club, incluídas Julia e Dunia da BPM de Sober que participan como moderadoras no noso club durante todo o ano.


    Pola tarde realizamos un obradoiro de debuxo cos autores Dani Viéitez e Iria Iglesias de Editorial Gnomo para elaborar e ilustrar un porta libros que tivera como protagonista á nosa mascota Lectuvín. 



   O primeiro foi a realización de bocetos para escoller o debuxo que querían poñerlle aos seus portalibros e despois dobrar as cartulinas para facer a carpeta e pasar o debuxo á portada.









   Despois darlle cor e facer os buratos para as gomas que pecharán o portalibros.

 

   Así de bonitos e útiles quedaron os portalibros que nos axudarán a levar as nosas lecturas, os marcapáxinas, bolígrafo... ou todo o que nos faga falta para unha boa lectura!!

 

VÉMONOS  O  PRÓXIMO  CURSO!!

  

jueves, 4 de junio de 2026

AS FAMILIAS CONTAN: FAMILIA DE ANA

     Comezamos as actividades de xuño, cunha nova familia que ven a participar en "As familias contan". Nesta ocasión acompáñannos Delfín, Mary e Daniel (pai, nai e irmán pequeno da nosa alumna Ana) para contar unha versión do conto clásico Caperucita Roja.

 

    Con esta familia e este libro, comprobamos que os contos clásicos seguen espertando curiosidade e maxia nos nenos e nenas que os escoitan por primeira vez... pero tamén en aqueles que os coñecen de memoria.

    Por uns momentos, a biblioteca deixou de ser só a biblioteca e converteuse nun bosque cheo de camiños, sorpresas e sustos que Carapuchiña tiña que atravesar para levarlle comida á súa avoa. 

    Polo camiño atopouse cun lobo moi astuto que se fixo pasar por amigo seu para enganala e chegar antes que ela á casa da avoa coa intención de ocupar o seu lugar e papalas ás dúas.


   Pero grazas á súa valentía e á axuda doutros personaxes, a historia remata cun final feliz. Iso si, lembrade que debedes desconfiar dos descoñecidos e dos lobos demasiado astutos!!

   Se vós tamén queredes escoitar este conto clásico contado por Delfín, Mary, Daniel e Ana; podedes facelo no seguinte podcast!


    MOITAS  GRAZAS  POR  COMPARTIR  CON  NÓS  UNHA  DESAS  HISTORIAS  QUE  NUNCA  PASAN  DE  MODA  PORQUE  CADA  VEZ  QUE  SE  CONTAN, ATOPAN  NOVOS  OÍDOS  DISPOSTOS  A  ESCOITALAS!


 

domingo, 31 de mayo de 2026

VISITA Á GANDARÍA PULUÁN

    Para rematar este mes de maio e o proxecto sobre animais que estivemos facendo durante o curso, grazas á organización da ANPA do colexio, as alumnas e alumnos de Educación Infantil puidemos visitar a Gandaría Puluán en As Fontes (Monforte de Lemos). Os nosos compañeiros de Educación Primaria xa tiveran a oportunidade no mes de setembro e, agora foi a quenda dos máis pequenos. 

   Nada máis chegar, Lucía e Puri recibíronnos cun gran sorriso. As nenas e nenos presentáronse e demos comezo a coñecer aos integrantes desta granxa. Empezamos polas vacas "medianas", as cales tiveron vergoña e case non se nos achegaban. 

   Así que pasamos a coñecer ás integrantes máis pequenas da familia e, en especial, o becerriño máis novo, contaba con só 1 día de vida! Pasamos en parellas a coñecelo para non asustalo. Continuamos a nosa visita axudando a darlles de comer ás vacas, na que todas e todos estiveron moi participativos co reparto de pienso. 

  

   Despois tivermos que parar, era a nosa quenda de comer. Lucía e Puri convidáronnos a probar os seus queixos, o seu leite e un biscoito para acompañar esta pedazo de merenda.


    Coas forzas recargados, coñecemos aos pitiños que están criando e a Musi (o gatiño da granxa) cos que fixemos boas migas. Para rematar, visitamos as vacas máis maiores e as embarazadas que estaban pacendo no campo. Todo isto acompañados dun día moi solleiro e caloroso. 

                   

    Antes de marchar tiñannos unha sorpresa preparada, un agasallo formado por un precioso lapis e unha goma con forma de diferentes animaliños.


Foi unha visita marabillosa! 

Moitas grazas Lucía, Puri e familia por esta fantástica experiencia!

GALERIA DE IMAXES

viernes, 29 de mayo de 2026

CLUB DE LECTURA (13 - 2025/2026)

     Esta é a última sesión dedicada ao libro Os fíos de Begoña. Pequena biografía de Begoña Caamaño escrito por Eva Mejuto.

   Nesta ocasión o alumnado tiña que investigar sobre A Odisea para entender mellor a obra "Circe ou o pracer do azul" na que se reinterpreta o mito de Penélope e Ulises dende un punto de vista feminino.


  Unha vez coñecido o argumento desta obra clásica puidemos tamén entender a versión Begoña que non contrapón a Circe (amante) a Penélope (muller fiel que agarda polo marido tecendo e destecendo) senón que a obra é un conxunto de cartas entre elas dúas. Dúas mulleres que se comprenden e se apoian en vez de enfrontarse por un home.


   Ademais puxeron en común o investigado sobre o Rei Arturo, o Santo Grial e Morgana; aínda que aquí tivemos que explicar tamén a Última Cea de Xesús para entender que era o Santo Grial o que nos levou a falar de Xudas desembocando nun debate sobre a importancia da amizade verdadeira.

   Despois achegámonos á figura de Morgana e Viviana (personaxes secundarios na historia do Rei Arturo) para entender a obra "Morgana en Esmelle" na que elas contan a súa propia versión do mito desde un punto de vista feminino e reivindicativo.




 Para finalizar, os membros do club de lectura comezaron a facer unha presentación dixital sobre Begoña Caamaño e todo o aprendido sobre ela e as súas obras nestas sesións.



E PARA DIXITALIZARSE, LUGO

     Este curso participamos no proxecto da Deputación de Lugo: "E para dixitalizarse, Lugo". Un proxecto que tiña como obxectivo "capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á poboación do ámbito rural da provincia de Lugo. A través de accións formativas presenciais e gratuítas, as persoas participantes recibirán orientación e formación para facilitar a aprendizaxe das TIC como ferramenta para mellorar a súa vida cotiá."

      Esta foi unha actividade moi interesantes na que participaron todos os niveis educativos do colexio tanto de educación Infantil como de Primaria. Ao longo de todas as sesións, o alumnado aprendeu contidos prácticos e moi valiosos sobre os seguintes eixes:

- habilidades dixitais básicas e avanzadas (dependendo das idades)

- protección da súa identidade e privacidade en liña

- recoñecemento de riscos como ciberbullying ou fake news

- consellos de uso das redes sociais

-  responsabilidade no uso da tecnoloxía.

 

     Para rematar, unha representante da Deputación achegouse ao noso centro para facerlles entrega duns agasallos pola superación do curso. 



miércoles, 27 de mayo de 2026

DESEÑOS 3D

      O alumnado de Proxecto Competencial estivo traballando no 3º trimestre coa Impresora 3D.

    Primeiro aprenderon  a utilizar o programa Doodle 3d e despois elaboraron con el os seus propios deseños para uns chaveiros personalizados. A continuación pasáronnos polo programa de software para a nosa impresora e remataron imprimíndoos para poder utilizalos como chaveiros ou puntos de lectura.

Mirade que deseños tan chulos!