O venres tivemos na biblioteca unha familia que se estrena na actividade As familias contan.
Mónica é a primeira vez que ven a contar e para facelo, escolleu un libro en inglés que é a súa lingua natal: The rainbow fish de Marcus Pfister. Neste conto o autor fálanos da historia dun peixe arco iris que a pesar de ser o máis fermoso do océano coas súas escamas de mil cores está triste e só. A través das súas aventuras, os nenos e nenas reflexionaron sobre a importancia de compartir.
Para acompañar á narración, Valentina fixo uns títeres que representaban os personaxes do libro e ademais, foi a encargada de movelos tralo teatrillo; mentres que Francesca colaborou na propia narración.
MOITAS GRAZAS POR VIR A CONTAR Á NOSA BIBLIOTECA!
ESPERAMOS VOLVER A CONTAR CON VÓS PARA O PRÓXIMO CURSO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario