Sara Méndez Arias, ex-alumna do centro e saxofonista na actualidade, estivo hoxe no colexio e en Radiuvín para falarlle ao noso alumnado dos instrumentos que toca e dos seus logros.
A visita empezou na biblioteca, onde Sara lles explicou moitas cousiñas sobre o saxofón soprano e o saxofón alto: por que se di que é un instrumento de vento - madeira, cal é a diferenza entre os dous, a importancia da respiración...
Tamén puideron escoitala tocando en ambos instrumentos obras clásicas de Bach, obras contemporáneas e obras de autores españois como Manuel de Falla.
Antes de marchar, Sara achegouse aos estudios de Radiuvín para contestar ás preguntas de Pablo, Laura Gómez e Senén sobre o seu percorrido musical, o premio gañado recentemente, as súas vivenzas no cole e moitas outras cuestións que podedes escoitar no seguinte enlace.
MOITAS GRAZAS POR VIR, SARA!!
UN PRACER CONTAR COA TÚA COLABORACIÓN!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario