viernes, 1 de junio de 2018

VANESA NON QUERE SER PRINCESA

     Como sabedes, esta semana estamos inmersos na Campaña escolar: Aprendendo igualdade, que é unha iniciativa da Deputación de Lugo a través da cal a Deputación agasallou a cada neno e nena do colexio co libro Vanesa non quere ser princesa de Xosé Antonio Perozo, ilustrado por Jaime Asensi. 

    O primerio que fixemos foi unha lectura compartida do conto na biblioteca entre todo o alumnado de primaria e un debate posterior que nos fixo reflexionar sobre o seu contido.


  O alumnado de Infantil traballou co libro nas súas aulas coas súas titoras e, ao seu modo, tamén reflexionaron sobre o traballo que poderían desenvolver as nenas cando sexan maiores.



    Despois cada alumno/a fixo un debuxo sobre a muller  que admira e a partir de 3º de Primaria acompañaron este debuxo dun texto explicando os motivos: nais, avoas, madriñas, tías,  mestras e representantes políticas recibimos a honra de ser elexidas polo alumnado para formar parte da exposición A muller que máis admiro.
 
    Para rematar, podedes escoitar a narración do libro Vanesa non quere ser princesa,  na voz dalgúns alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario