A nosa auxiliar de conversa durante este curso, Victoria Capuano, remata
hoxe a súa estancia no centro despedíndose de todos nós. A través de Radiuvín ela fixo un resumo do seu paso polo centro e contoulle a Francesca moitas cousas que todos poderedes entender porque Uxía fixo de traductora.
Para que leve un recordo do centro, cada alumno/a fixo un debuxo e un pequeno texto en inglés. Con estas aportacións, encadernamos un fermoso libro cheo de moito cariño.
Nesto xesto de cariño, non podía faltar a nosa mascota Lectuvín que levará de recordo para USA nunha camiseta da biblioteca, xa que Tori pasou bastante tempo nela axudando ao alumnado e xogando cos escornabots.
THANK YOU VERY MUCH, TORI!!
WE HOPE TO SEE YOU SOON AND YOU COME BACK NEXT YEAR!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario