viernes, 12 de abril de 2024

A ARTE DAS EMOCIÓNS: A LEDICIA

    As emocións influen de maneira directa na aprendizaxe. Tanto as positivas como as negativas axudan a crear recordos deixando pegada no noso desenvolvemento. Polo tanto, para que o proceso de aprendizaxe sexa completo, temos que traballar a Educación Emocional desde idades temperás.

   Por este motivo, nas aulas de Educación Infantil comezamos este traballo empregando como guía o libro "Laberinto del Alma" da escritora Anna LLenas.

  

   A primeira emoción que traballamos foi a ledicia. Vimos o que poñia sobre ela o libro Laberinto del Alma e logo tamén contamos o conto "¿Qué nos hace felices?" da autora  Marie-Agnès Gaudrat con ilustracións de Carme Solé Vendrell    


   

    A partir destas lecturas as crianzas levaron a cabo varias actividades. Comezaron facendo un bote da Ledicia que encheron con debuxos daquelas cousas que lles producían máis ledicia e as colorearon de amarelo, que foi a cor escollida para representar dita emoción.

   

    Despois intentaron reproducir as caras alegres dos seus compañeiros e compañeiras. Houbo resultados moi sorprendentes e as crianzas pasárono xenial facéndoo.

                 

    Outra actividade foi formar cariñas alegres empregando diferentes materiais como botóns, pompóns, pasta, tapóns.... ou plastilina.


 

    Por último quixemos relacionar as emocións con obras de arte, o que da o nome ao noso proxecto. E como sempre, aproveitamos para traballar a lectoescritura buscando as letras, colocando e copiando.


   Para rematar relacionamos a ledicia cunha obra de Kandinsky chamada "Estudio de color con cuadrados" creando a nosa propia versión.

    

E así comezamos a formar o noso mural da Arte das Emocións!

No hay comentarios:

Publicar un comentario