A terceira e última emoción que as crianzas de Educación Infantil traballaron durante este proxecto foi o medo.
Como xa fixeron coas outras emocións, o primeiro paso foi saber o que nos contaba sobre o medo o Laberinto da alma e falar sobre o que pensaban eles, as cousas que lles dan medo, etc.
Despois lemos o conto "Teño medio" de Tim Bowley e Alicia Baladan que narra os medos que ten un neno que está mirando o mar co seu avó e as estratexias do adulto para axudarlle a combatelos.
Seguindo a mesma estrutura que nas outras emocións, encheron un novo tarro coas cousas que lles dan medo, e a maioría das crianzas coincidiu en que a cousa que máis medo lle producía era a escuridade. Por ese motivo prepararouse unha preciosas actividade con luz negra para intentar que perderan un pouco ese medo e mostrarlles que non sempre a escuridade é "mala",
Os nenos atopáronse con diferentes elementos cos que puideron experimentar libremente, telas, papeis, rotuladores para pintar, pezas soltas,....
Tamén lemos o conto "¿Qué bigotes me pasa?" de María Leach e Olga de Dios, que fala das distintas emocións e de como fan sentir ao personaxe principal, cunhas ilustracións preparadas para luz negra que lle escantaron.
Para rematar o noso mural, a obra escollida para traballar o medo foi "El grito" de Edvard Munch. Esta vez as crianzas colorearon o fondo do cadro de xeito similar ao orixinal e logo posaron imitando o xesto do grito. Quedaron uns cuadros xeniais!
No hay comentarios:
Publicar un comentario