Nesta sesión comezamos a comentar o libro A historia de Brava Panadeira, escrito por Alicia Borrás (Ed. Xerais).
Nesta primeira sesión de comentario da lectura, o libro deunos moitos temas interesantes para debater.
Comezamos falando sobre a educación de Brava: como hai que educar a un can? Como se lle ensina a facer as súas "cousas" só cando a sacamos da casa? Como lle explicamos que non pode beber da auga do inodoro ou que non pode rañar as portas? E como se lle ensina a camiñar a modo coa correa para que non haxa accidentes como o que lle pasou a Lina, a nai dos nosos protagonistas?
E tamén falamos sobre a situación dos pais dos protagonistas que parece que están separados dándose un tempo mentres el está no estranxeiro e de como se senten os nenos coa separación.
Podemos dicir que está primeira parte do libro nos deu moito en que pensar...
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario