O 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro porque é o aniversario do seu nacemento.
Para conmemorar esta data tan importante para a nosa lingua no colexio fixemos diferentes actividades ao longo de toda a semana. Para empezar, os biblioaxudantes de 5º de Primaria leron ao resto do alumnado do centro a biografía incorporada no material elaborado e compartido polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega de diferentes colexios da provincia de A Coruña.
Despois o alumnado de primaria participou nun certame de investigación no que tiñan que procurar datos sobre a biografía e as obras de Rosalía de Castro e cubrir unhas fichas incluídas na proposta inicial.
Tamén o alumnado de infantil participou nesta colaboración coloreando un retrato da autora que, xunto aos pintados polo alumnado de primaria nas clases de plástica, decoran o corredor do colexio.
Para rematar a semana, entregamos uns agasallos aos nenos e as nenas que participaron no certame de investigación e que demostraron ser uns expertos en Rosalía de Castro.
Se vós tamén queredes aprender moitas cousas sobre Rosalía de Castro e escoitar algúns fragmentos dos seus poemas, podedes facelo no seguinte podcast elaborado polos biblioaxudantes.

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario