viernes, 13 de febrero de 2026

DESFILE DE ENTROIDO: PROXECTO ANIMAIS

  Este ano o desfile de Entroido do colexio tivo como tema principal o proxecto "Os animais" que estamos desenvolvendo nesta segunda avaliación. Por iso, o alumnado das diferentes clases se disfrazou de diferentes animais.

   Pero o tempo non nos acompañou e non puidemos desfilar polas rúas de Sober ata o Concello polo que tivemos que dar a volta na rúa do colexio e despois continuar no pavillón.



 Aínda así, o mal tempo non estropeou a diversión e no pavillón pasámolo moi ben bailando e xogando. Tamén o alcalde repartiu chuches para todos os nenos e as nenas do colexio e do PAI.



 

  Pola tarde foi o momento do disfrace libre no que cada quen puido disfrazarse do que quixo.

 Podedes ver todas as imaxes deste día no seguinte enlace
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario