Yolanda, a orientadora do noso centro, realizou a campaña de sensibilización Conéctate con cabeza! sobre o uso responsable das redes socias, dos móbiles e das tablets con todo o alumnado de Educación Primaria.
A través delas, aprenderon a identificar comportamentos axeitados e inadecuados na rede, así como a importancia de protexer a nosa privacidade e respectar as demais persoas no mundo dixital.
E ademais puideron sacarlle tarxeta vermella a todas aquelas condutas e situacións que non debemos permitir en internet, porque poden resultar perigosas, prexudiciais ou irrespectuosas.
Para rematar, lembremos que internet ofrece moitas posibilidades para aprender, comunicarnos e divertirnos, pero tamén implica responsabilidades.
Antes de publicar, compartir ou responder, cómpre pensar nas consecuencias das nosas accións pois detrás de cada pantalla hai persoas que merecen respecto.
CONÉCTATE, DISFRUTA E COMPARTE...
PERO SEMPRE CON CABEZA!
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario