jueves, 12 de noviembre de 2026

MAGOSTO 2026

Hoxe foi un día especial no colexio: O MAGOSTO! 


    A celebración comezou na biblioteca, onde os biblioaxudantes de 6º de Educación Primaria compartiron co resto do alumnado unha presentación que prepararon co Equipo de Dinamización da Lingua Galega sobre esta festa tradicional e a súa relación co Samaín .

 
 
    Ao longo da presentación descubrimos moitas cousas interesantes sobre as castañas, os colares de zonchos e o seu significado. Pero houbo moito máis! Tamén coñecemos mellor o oficio das castañeiras e escoitamos un poema de Xosé Neira Vilas, autor ao que se lle dedicará o Día das Letras Galegas en 2027.
 
    Despois os biblioaxudantes repartiron entre os nenos e nenas de Educación Infantil un dominó con pictogramas relacionado co magosto, para que poidan xogar e seguir aprendendo nas súas aulas.


 
DESCARGA O DOMINÓ SE QUERES XOGAR 
 
    Pola tarde chegou o momento de comer as castañas asadas polo profe Félix e o alumnado de 6º de Primaria. Ademais compartimos unha estupenda xornada de convivencia no pavillón na que non faltaron a música, os xogos e, sobre todo, as ganas de pasalo ben.


Foi un día estupendo para gozar das nosas tradicións!

GALERÍA  DE  IMAXES

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario