O 30 de xaneiro é o DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA ESCOLAR. Este ano, quixemos conmemoralo cunha sesión de contos pola paz coa narradora Teresa Grau e coa colaboración de Mercedes Fernández; unha actividade que foi subvencionada pola Asociación de Nais e Pais do colexio.
Decidimos conmemorar este día con contos porque son unha gran ferramenta para facer que os nenos e as nenas reflexionen sobre a paz e a non violencia pero tamén sobre os sentimentos contrarios á paz: medo, rabia, enfado, ira...
Teresa contounos a historia da raíña patata á que lle daba moito medo pensar que o cociñeiro a podía cociñar e a un soldado que tiña moita rabia e non sabía tranquilizarse polo que lle foi a pedir axuda a un sabio que lle ensinou a relaxarse, a respirar e a desfacerse do medo e da rabia que non lle deixaba estar tranquilo e controlar as súas emocións.
Con Mercedes coñecemos a historia das botas dun xeneral que só pensaba na guerra e en destrozar todo o que se atopaba no seu camiño. Pero el non sospeitaba que nin os seus soldados nin as súas botas opinaban igual que el así que cando gritou "Ao ataqueeee" os soldados marcharon correndo e as botas colleron o camiño contrario fuxindo da guerra e levando ao xeneral lonxe da destrucción.
Tamén escoitamos un pequeno resumo da vida de Malala Yousafzai, unha rapaza paquistaní moi valente que loitou polo dereito á educación
das nenas en todo o mundo chegando a recibir o Premio Nobel da Paz. Para rematar Teresa narrou A paz perfecta, un conto no que un rei e unha raíña decidiron ofrecer un premio ao artista que puidese debuxar a paz perfecta. De entre todos os debuxos que había, eles escolleron unha pintura na que se vían montañas escabrosas e unha gran tormenta.
Esta escolla foi algo que sorprendeu a todos pero eles fixáranse en que naquela pintura había un arbusto cun niño no que estaba tranquilamente un paxariño porque paz non significa estar nun lugar sen
ruídos, sen problemas, sen traballo duro ou sen dolor. Paz significa que
a pesar de estar no medio de todas esas cousas, poidamos manter a calma
no noso corazón. Ese é o verdadeiro significado da paz!"
MOITAS GRAZAS Á ANPA POR ESTA ACTIVIDADE E A TERESA E A MERCEDES POLAS SÚAS HISTORIAS!

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario