viernes, 8 de junio de 2018

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Francesca, Valentina e Christian

    O venres tivemos na biblioteca unha familia que se estrena na actividade As familias contan.

   Mónica é a primeira vez que ven a contar e para facelo, escolleu un libro en inglés que é a súa lingua natal: The rainbow fish de Marcus Pfister. Neste conto o autor fálanos da historia dun peixe arco iris que a pesar de ser o máis fermoso do océano coas súas escamas de mil cores está triste e só. A través das súas aventuras, os nenos e nenas reflexionaron sobre a importancia de compartir.
 
   Para acompañar á narración, Valentina fixo uns títeres que representaban os personaxes do libro e ademais, foi a encargada de movelos tralo teatrillo; mentres que Francesca colaborou na propia narración.

 MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  A  CONTAR  Á  NOSA  BIBLIOTECA!
ESPERAMOS  VOLVER  A  CONTAR  CON  VÓS  PARA  O PRÓXIMO  CURSO!!

miércoles, 6 de junio de 2018

CONCERTO DIDÁCTICO CON SUSO VAAMONDE E DOCE INSTRUMENTOS POPULARES

    Hoxe asistimos ao concerto didáctico organizado pola Escola de Música de Sober coa Banda Municipal, o coro Berea e a presenza de Suso Vaamonde que é Profesor Superior de Gaita, licenciado en Diloloxía Clásica e mestre de instrumentos populares en varias escolas e Asociacións.
    Neste concerto puidemos aprender moitas cousas sobre instrumentos tradicionais coñecidos coma a pandeireta, o acordeón ou a gaita; e outros menos coñecidos como a trompa ou birimbao, a zanfona, as tarrañolas, o asubío...
   Foi un concerto moi divertido no que non paramos de apreder, dar palmas e cantar como na imaxe da fotografía na que os nenos e nenas do cole, subiron ao escenario a cantar "Se chove" coa Banda, a coral e Suso Vaamonde tocando o asubío.
 
  

  Ao rematar Laura Rodríguez, que é a directora da Escola de Música, e Suso Vaamonde; achegáronse aos nosos estudios de radio para que Laura e Uxía lles fixeran a interesantísima entrevista que podedes ouvir no seguinte enlace.

MOITAS   GRAZAS   POR  VIR   A  RADIUVÍN!!



   O día rematou cun xantar de convivencia co alumnado e os profesores do colexio Rosalía de Castro de Bóveda. MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  AO  NOSO  COLE!!!

martes, 5 de junio de 2018

INEIN

   Para a 3ª avaliación, na asignatura de Investigación e tratamento da información tiñamos un proxecto de animación á lectura que consistía no deseño de títeres que imitasen aos personaxes dun libro para facer un teatriño de títeres.

   O libro que escolleron os alumnos/as foi O Raposo Rufo porque ao ser unha serie, podían aproveitar os títeres para facer varias historias; pero entre unhas e outras, a nosa impresora deixou de funcionar ben e agora está no servizo técnico esperando a ser arranxada.

   De todas formas queremos compartir algúns deseños dos protagonistas feitos e, en canto esté a impresora dispoñible, imprimirémolos para realizar este proxecto.




UTILIZANDO UN LAPIS 3D EN EDUCACIÓN INFANTIL

     O alumnado de educación infantil usa os materiais da impresora 3D e argalla con eles pero para estes alumnos/as é moi difícil utilizala. 

    Por iso, da man de Julia e de Rocío (a da nai de Antía) tiveron unha experiencia cun lapis 3D co que puideron escribir os seus nomes e levalos para casa de recordo.
 
 
 
 
   Ademais, trouxéronlles como agasallo un xogo de 3 en raia para cada aula de Educación Infantil.
 
 MOITAS  GRAZAS  POR  VIR!!
COMA  SEMPRE,  UN  PRACER  CONTAR  CON  VÓS  NA  NOSA  BIBLIOTECA!

viernes, 1 de junio de 2018

CLUB DE LECTURA E PROXECTO DE EDUCACIÓN VIAL

   Unindo o club de lectura co Proxecto de Educación Vial, propuxéronselle ao alumndo dous libros desta temática: La bicicleta crecedera de Óscar e Cuando Papá Noel se compró un camión ámbolos dous escritos por Alfredo Gómez Cerdá e editados pola Fundación Mapfre.

   Unha das sesións do club de lectura, levouse a cabo a través da sección Lecturradio de Radiuvín e podedes escoitala no seguinte enlace:

DESPEDIDA VICTORIA, A NOSA AUXILIAR DE CONVERSA

   A nosa auxiliar de conversa durante este curso, Victoria Capuano, remata hoxe a súa estancia no centro despedíndose de todos nós. A través de Radiuvín ela fixo un resumo do seu paso polo centro e contoulle a Francesca moitas cousas que todos poderedes entender porque Uxía fixo de traductora.


   Para que leve un recordo do centro, cada alumno/a fixo un debuxo e un pequeno texto en inglés. Con estas aportacións, encadernamos un fermoso libro cheo de moito cariño.
 
     Nesto xesto de cariño, non podía faltar a nosa mascota Lectuvín que levará de recordo para USA  nunha camiseta da biblioteca, xa que Tori pasou bastante tempo nela axudando ao alumnado e xogando cos escornabots. 
    THANK  YOU  VERY  MUCH,  TORI!!
WE  HOPE  TO  SEE  YOU  SOON  AND  YOU  COME   BACK  NEXT  YEAR!!

VANESA NON QUERE SER PRINCESA

     Como sabedes, esta semana estamos inmersos na Campaña escolar: Aprendendo igualdade, que é unha iniciativa da Deputación de Lugo a través da cal a Deputación agasallou a cada neno e nena do colexio co libro Vanesa non quere ser princesa de Xosé Antonio Perozo, ilustrado por Jaime Asensi. 

    O primerio que fixemos foi unha lectura compartida do conto na biblioteca entre todo o alumnado de primaria e un debate posterior que nos fixo reflexionar sobre o seu contido.


  O alumnado de Infantil traballou co libro nas súas aulas coas súas titoras e, ao seu modo, tamén reflexionaron sobre o traballo que poderían desenvolver as nenas cando sexan maiores.



    Despois cada alumno/a fixo un debuxo sobre a muller  que admira e a partir de 3º de Primaria acompañaron este debuxo dun texto explicando os motivos: nais, avoas, madriñas, tías,  mestras e representantes políticas recibimos a honra de ser elexidas polo alumnado para formar parte da exposición A muller que máis admiro.
 
    Para rematar, podedes escoitar a narración do libro Vanesa non quere ser princesa,  na voz dalgúns alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria.