SOMOS UNHA
BIBLIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA!!
BIBLIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA!!
No portal Educativo publicouse a Resolución de 29 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola
que se resolven dúas das accións integradas no programa "Bibliotecas
Escolares Solidarias" deste curso 2017/2018: Voluntariado de lectura-A
(primaria) e o Selo "Biblitoeca Escolar Solidaria".
Na resolución concédesenos este selo a cinco bibliotecas galegas: tres por renovación e dúas que o recibimos por primeira vez. Este selo ten un valor de recoñecemento que se acompaña dun diploma acreditativo e dunha asignación económica para organizar actividades na biblioteca que faciliten a atención á diversidade e avances na configuración dunha biblioteca inclusiva.
Para optar a este Selo que é un distintivo de calidade que se outorga ás bibliotecas nas que se traballa de forma salientable a compensación de desigualdades entre os distintios integrantes da comunidade educativa
e se fomenta o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade
escolar; a convocatoria establece tres requisitos:
- Propiciar valores de xustiza e solidariedade procurando de forma destacada a compensación de desigualdades e favorecer o uso dos seus recursos e oportunidades.
- Contar cun equipo de colaboradores formado por alumnado do centro: alumnado voluntario.
- Contar con familias que colaboran na xestión e dinamización da biblioteca escolar: actividades concretas de apoio á biblioteca e de lectura compartida.
Por iso, todo o Equipo de Biblioteca e eu, persoalmente como responsable do mesmo, QUEREMOS COMPARTIR ESTE RECOÑECEMENTO COS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS E CON TODAS AS FAMILIAS QUE NOS APOIADES E NOS AXUDADES.
ESTE SELO É POSIBLE GRAZAS AO TRABALLO SOLIDARIO DE TODOS
NORABOA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario