A mestra de Educación Física está facendo un Proxecto de Educación Vial con todo o alumnado do colexio; para isto Lorena fixo un gran circuíto vial no pavillón do colexio que os nenos percorreron cos triciclos, bicicletas ou patinetes que trouxeron das súas casas.
O seguinte vídeo é un resumo desta actividade no pavillón
A biblioteca tamén participa neste proxecto, a través dos escornabots e da impresora 3D. Para os escornabots mercamos un xogo de sinais de tráfico adecuados aos taboleiros e fixemos tarxetas que semellan a estrada para que os propios nenos poidan facer os seus circuítos e percorrelos; por suposto, respectando todos os sinais e facendo parar ao escornabot no Stop ou se o semáforo está en vermello.
Coa impresora 3D fixemos unhas bicicletas descargadas de thingiverse (by OpenFabPDX) que os nenos levaron como medallas despois de facer todas as actividades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario