Chega de novo aos nosos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo presentado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)
en colaboración coa Xunta de Galicia coa finalidade de ensinar a navegar pola rede.
José Manuel Enríquez recordounos que aínda que internet é divertido e útil: podes buscar información,
xogar, comunicarte... hai que navegar con seguridade evitando todos os posibles riscos da rede.
- Mínimo de 8 caracteres
- Incluir algún número que non sexan datas, números de teléfono, DNI...
- Combinar maiúsculas e minúsculas
- Se é posible engadir algún caracter especial (guión, barra baixa...)
- Que tal unha canción ou frase?
Para rematar, podemos resumir as ensinanzas de hoxe en dous consellos:
- NON FAGAS NADA POR INTERNET QUE NON FAGAS NA VIDA REAL
- PIDE AXUDA A UN ADULTO ANTE CALQUERA COUSA QUE TE INCOMODE
No hay comentarios:
Publicar un comentario