Anxo Moure estivo hoxe na biblioteca para realizar o taller Contos reciclados. Unha actividade na que utilizamos as novas negativas que o alumnado buscara nos xornais para obter corazóns de papel seguindo a receita proposta.
INGREDIENTES:
Auga, novas negativas dos xornais e respecto pola natureza.
MODO DE PREPARACIÓN:
1) Metemos auga nun recipiente, rompemos as novas negativas en pequenos trozos de papel que poñemos en remollo coa auga e pasamos a mestura resultante pola batedora para obter pasta de papel.
2) Vertemos a pasta de papel nun molde con forma de corazón e quitamos a auga sobrante. Esta auga poderemos aproveitala para peitear a un compañeiro.
3) Á pasta escurrida, dámoslle a volta nunha camiseta como a unha tortilla e esperamos que endureza.
4) Cando o corazón está seco, podemos aproveitalo para facer unha declaración de amor.
Ademais desta receita puidemos escoitar máis historias para aprender a amar a natureza e os bosques da man do seu autor.
E coñecemos a maior arma de repoboación masiva: o _______________________Antes de marchar o escritor, contacontos e ecopacifista chantadino tivo tempo de dedicarnos algún dos seus libros que temos na biblioteca e pasar por Radiuvín.
Para ver todas as imaxes da actividade podes ir á GALERÍA DE IMAXES
No hay comentarios:
Publicar un comentario