A gamificación é unha estratexia lúdica que introduce elementos típicos dos xogos en contextos diferentes para mellorar valores como a motivación, a participación, a concentración...
Esta estratexia parécenos moi interesante para reforzar no noso alumnado a alfabetización múltiple e por iso realizamos dúas actividades no centro con Ana Ordás especialista en gamificación que se define a si mesma como "exploradora de mundos que aplicar a las bibliotecas para darles visibilidad y fomentar la participación".
A primeira foi o obradoiro "El coleccionista y los devoradores de libros" cos nenos e nenas de Primaria.
Neste obradoiro o alumnado repartido en grupos tiña que atrapar ao coleccionista e aos seus esbirros que estaban agochados na nosa biblio:
" [...] Los que se adentrarán en esa maraña que los humanos llaman internet y
acabarán con todo rastro de los libros que allí moran. Sí, sí. Sus
seis lacayos más imponentes y terribles. Los mira, uno por uno, con sus
pequeños ojos y, por una vez, lamenta que ellos no puedan ver su
expresión, porque es la verdadera imagen del triunfo. Todo está pensado y
planificado. No solo acabarán con los libros virtuales, también con sus
autores, sus cuentas personales y cualquier sistema de búsqueda.
Devorarán
todo y ya solo quedará la oscuridad, y entonces, llegará la veradadera
oportunidad de los devoradores de abalanzarse sobre lo que quede de la
realidad. [...] "
O obradoiro comezou co deseño dos seus propios monstros partindo do xogo Monster Kit.
Cos monstros xa deseñados... COMEZAMOS A CAZA!!
Primeiro había que atopalos na biblioteca e despois deducir se vivían no catálogo on-line da nosa biblioteca ou no catálogo de e-biblio para poder acceder ao catálogo correcto e atopar a clave que nos permitía cazalos seguindo o qr do seu candado dixital.
Cos seis esbirros cazados, o alumnado xa tiña todas as pistas para completar a clave oculta e... atrapar ao COLECCIONISTA!
Unha actividade lúdica e moi divertida que nos permitiu reforzar a alfabetización múltiple do alumnado de Primaria: a creatividade, o uso de tablets e outros dispositivos móbiles, candados dixitais, códigos qr ou navegación polos catálogos on-line das bibliotecas foron só algúns dos elementos traballados.
Pola tarde foi o momento dos mestres para formarnos e poder deseñar actividades propias e específicas a desenvolver co noso alumnado.
Unha actividade lúdica e moi divertida que nos permitiu reforzar a alfabetización múltiple do alumnado de Primaria: a creatividade, o uso de tablets e outros dispositivos móbiles, candados dixitais, códigos qr ou navegación polos catálogos on-line das bibliotecas foron só algúns dos elementos traballados.
Pola tarde foi o momento dos mestres para formarnos e poder deseñar actividades propias e específicas a desenvolver co noso alumnado.
UN PRACER CONTAR CON ANA ORDÁS NA NOSA BIBLIOTECA!!
ESPERAMOS APROVEITAR BEN AS SÚAS ENSINANZAS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario