Hoxe realizamos a terceira actividade para conmemorar o Día da Muller 2020 e a Semana da Prensa deste ano.
Na terceira sesión os alumnos de 3º que faltaban, presentados por
Laura e Pablo, nos achegaron a figura doutras catro mulleres importantes na historia:
Mencía presentounos a Mary Anning,
Gareth expuxo a investigación de Cristian sobre Ashley Fiolek,
Darío presentounos a unha das primeiras heroínas de cómic: Capitana Marvel
e Iria púxolle voz ao traballo de Lucas Fernández que elixira a Isadora Duncan.
Para escoitar todo o que investigaron sobre a interesante vida destas mulleres podedes escoitar a terceira emisión do programa DÍA DA MULLER 2020
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario