Todos os anos nosa biblioteca participa no Certame Mulleres de Lemos organizado polo Colectivo Lemos Le coa finalidade de dar a coñecer e promover figuras femininas relevantes na historia das Terras de Lemos.
O certame do ano pasado estivo dedicado a Inés Fernández, abadesa do Concello de Pantón da época medieval que chegou a enfrontarse ás leis ditadas polos Reis Católicos.
O certame do ano pasado estivo dedicado a Inés Fernández, abadesa do Concello de Pantón da época medieval que chegou a enfrontarse ás leis ditadas polos Reis Católicos.
Unha das actividades deste certame é o obradoiro que se desenvolve en
colaboración co CIM (Centro de Información á Muller)
de Monforte de
Lemos que consta nun traballo de reflexión sobre a vida desta abadesa e
a época á que pertence e a posterior elaboración dun libro que plasma
en imaxes
esta reflexión.
O texto que nos tocou ilustrar a nós é o que se refire á parte da súa
vida na que ela estando en Santiago de Compostela recibe a carta do Papa
que lle da a razón nas súas peticións e a autoriza a volver ao convento
de Eire:
"
Pasou uns meses en Compostela ata que un día, por fin, chegou a carta
que lle daba a liberdade para volver. A única condición era que non
podían entrar novas monxas no mosteiro e co seu tránsito, anterior ao
seu falecemento, o convento pecharía. Ela aceptou"
Para facer a ilustración o alumnado de 5º e 6º de Primaria tomou como
referencia unha fotografía da fachada da Catedral da Praza das Praterías
da páxina web Turismo de Galicia.
Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Primaria achegouse ao centro cívico de
Monforte onde a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López, lles fixo entrega dos libros editados en papel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario