martes, 10 de marzo de 2020

DÍA DA MULLER 2020 - 2º PROGRAMA

 Como dixemos onte, para conmemorar o Día da Muller e a Semana da Prensa deste ano realizaremos varias actividades na biblioteca que despois trasladaremos aos estudios de Radiuvín.

    Na segunda destas actividades varios alumnos de 3º presentados por Laura e Pablo, nos falaron sobre a vida e os logros acadados por mulleres da historia.

Gareth compartiu con nós á vida de Irene Fernández,

Liberdade e Valeria investigaron sobre Cleopatra,

Yanira e Susana escolleron a Santa Teresa de Xesús

e Gissela e Iria reamtaron falándonos sobre Mercedes Mariño.

    Para saber máis sobre a interesante vida destas mulleres non dubidedes en escoitar a segunda emisión do programa DÍA  DA  MULLER 2020 e non vos olvidedes de escoitar o programa de mañá con novas sobre outras catro mulleres!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario