viernes, 13 de marzo de 2020

DÍA DA MULLER: Xogo de taboleiro e quizizz

Estes xogos teñen como finalidade que o noso alumnado de Primaria reforce de forma lúdica os contidos traballados o Día da Muller.

Para a conmemoración deste dia, o alumnado de 3º a 6º de Primaria investigou sobre a vida e as achegas de varias mulleres ao longo da historia. Esta investigación expuxéronlla aos seus compañeiros na biblioteca e ao resto da comunidade educativa a través de varios programas de radio que gravaron nos estudos de radio do noso colexio. (Radiuvín: Día da Muller)



A raíz deste traballo pareceunos interesante a idea de elaborar uns xogos baseados nas información recollidas. Por unha banda, elaborouse un quizizz en rede ao que tedes acceso desde a imaxe... Animádevos a xogar a ver canto recordades!!
https://quizizz.com/join/pre-game/running/U2FsdGVkX19NuLqJke7VrVlQ7g5hDGbDyVBYdDW%252F5GDAvo8K1z1YaLuNKuEUp5JQ6b76JIkYf%252Bn%252Buy9HfMXJ8g%253D%253D/start
Tamén elaboramos un xogo de taboleiro para que permanecerá na biblioteca do colexio para que poidades xogar cando queirades.
Estas son algunhas das preguntas que podedes atopar...
 

 Ademais este xogo irase completando coas novas investigacións que realicedes en anos vindeiros elaborando novas tarxetas que se unan ás actuais, así que non deixedes de investigar!!!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario