O sábado día 21 de marzo, conmemórase o DÍA DA POESÍA. Unha proposta da Unesco coa finalidade promover a súa ensinanza, crear unha imaxe
atractiva dela e fomentar a expresión e tradición oral.
Dendo o Equipo de Biblioteca pensabamos organizar un recital poético para a próxima semana pero como non se pode, decidimos trasladalo ás vosas casas.
PROPOÑÉMOSVOS QUE GRAVEDES UN VÍDEO RECITANDO, LENDO,
CANTANDO... UNHA POESÍA ADECUADA Á IDADE DOS VOSOS FILLOS/AS
(PREFERIBLEMENTE EN GALEGO) CON ALGUÉN DA VOSA FAMILIA E NOLA
MANDEDES AO @ DA BIBLIOTECA (biblioteca.virxedocarme@gmail.com) PARA FACER UN RECITAL VIRTUAL.
Se a poesía non é popular, recordade incluír no vídeo o título e o autor do poema.
ANIMÁDESVOS??
ESPERAMOS OS VOSOS VÍDEOS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario