lunes, 13 de febrero de 2023

PROXECTO AS ABELLAS

   Este entroido quixemos realizar un proxecto sobre as  abellas  para coñecer mellor o seu mundo. Por iso programamos varias actividades entre as que se atopa a actividade de hoxe: unha sesión didáctica sobre estes insectos que nos ofrecen un montón de produtos naturais.


  Con esta finalidade estiveron na biblioteca os apicultores  Enrique Rojo  Joel Salgado  (ex-alumno do colexio e tío da nosa compañeira Gissela) que viñeron a falarnos sobre o mundo das abellas. 

 

    Explicáronos os tipos de abellas que existen e de que se encarga cada unha: a raíña, as obreiras e os zánganos.


     Despois faláronos das colemnas actuais, as súa partes e o seu funcionamento; pero tamén nos trouxeron colmenas naturais feitas polas abellas nos propios troncos das árbores chamadas TROBOS.


 
   Outra cousa que nos explicaron foi o traballo do apicultor e como debe protexerse, o proceso de extracción do mel desde a colmea ata o envasado, o porqué das diferentes cores do mel...

   A continuación contáronos os perigos aos que están expostos as abellas hoxe en día e ensináronos como facer unha trampa para as velutinas cunha botella, levadura, auga e azucre.


    Para rematar ensináronos diferentes tipos de abellas e como diferenciar unha velutina dunha abella crabro que é unha especie autóctona galega: a velutina ten a maior parte do abdome negro e a crabro ten a maior parte do abdome amarelo.

 
   Se vós tamén queredes saber todas estas cousas e máis sobre estes insectos, podedes escoitar a entrevista que Gissela, Libertad e Mencía lles fixeron nos nosos estudos de radio.


 
   E para coñecer mellor ás abellas e a súa vida na colmea podedes ler os libros que se atopan na biblioteca.

MOITAS  GRAZAS  AOS  NOSOS  INVITADOS  POR  ESTE  TEMPO  QUE  NOS  DEDICARON!!
 
ESTAREMOS  ENCANTADOS  DE  RECIBIRVOS  SE  DESEXADES  VOLVER  A  CONTARNOS  MÁIS  COUSAS!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario