Hoxe xoves rematan as comandas do Meco con todos os nenos e nenas en pixama.
Pero... por que viñemos todos así vestidos, ou mellor dito, sen vestir?
Porque como din as comandas do Meco:
E de que tartaruga pensades que estamos falando?
De A tartaruga que quería durmir que é a protagonista da historia escrita por Roberto Aliaga.
Carlota, Germán, Diego e Javier foron os que nos contaron o que lle pasa a esta tartaruga que ten moito sono e que o único que quere é durmir o inverno todo.
Pero cando xa está na
cama, despois de cumprir con todo o ritual necesario (cepillar os dentes,
poñer o camisón, acomodar as sabas), alguén chama á porta.
Parece que todos os seus amigos se puxeron dacordo para petar na porta traendo agasallos para acompañala antes
do longo período de sono que lle agarda!
Será capaz a tartaruga de conseguir durmir o inverno todo?
Se queredes coñecer o final do libro, podedes escoitalo no seguinte podcast!
No hay comentarios:
Publicar un comentario