viernes, 24 de febrero de 2023

VIAXANDO POLAS LETRAS (8/ 2022 - 2023)

   Hoxe temos unha sesión diferente do club de lectura xa que para rematar as sesión dedicadas ao libro  Un mundo para Maruxa temos na biblioteca a súa autora: Estefanía Padullés.

   Ela comezou falándonos da creación do libro que se basa en feitos reais de cando ela mesma traballou nun Centro de Recuperación de Fauna Silvestre e nunha Reserva de Fauna; e contounos que Susana e Eloy non eran personaxes imaxinarios senón que foran compañeiros seus.


    Despois falounos máis polo miúdo da temática do libro á vez que nos facía unha ilustración: os perigos dos animais mariños, o consumo abusivo de plástico, a importancia de reducir o seu uso, os microplásticos, a contaminación da auga...


    A continuación ensinounos as ilustracións orixinais do libro e explicounos o proceso que seguía ela para facelas.

 
 
 

    A continuación fixemos un obradoiro que consistía na elaboración dunha roda coas ilustracións de Maruxa mentres Estefanía ía respostando ás preguntas dos membros do club.

    Ao rematala e montala, puidemos comprobar que para cada problema medioambiental plantexado, asociáselle unha solución que podemos levar a cabo nós mesmos.




   Por último, Estefanía pasou polos estudos de Radiuvín para respostar ás preguntas dos nosos locutores de radio.


MOITAS  GRAZAS  POR  CONTARNOS  TANTAS  COUSAS

SOBRE  MARUXA  E  A NATUREZA, 

ESTIVEMOS ENCANTADOS  DE  COMPARTIR  ESTE  RATIÑO  CONTIGO!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario