A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas ondas! convudiunos a conmemorar a 12ª edición do Día Mundial da Radio
Entre as actividades propostas escollemos a realización dun podcast sobre o patrimonio de Sober e para a súa elaboración o alumnado de Investigación e Tratamento da Información de 4º e 6º de Primaria fixo un traballo de recompilación de información sobre varios monumentos do noso Concello: a igrexa de San Xulián de Lobios e o cruceiro, a Capela da Raíña dos Anxos, o santuario de Cadeiras e a igrexa de Santa María de Proendos.
Podedes escoitar o resultado final deste programa no seguinte podcast:
Tamén vos deixamos o enlace á publicación que fixeron na propia páxina de Ponte nas... ondas! onde se poden escoitar os podcast dos máis de 40 colexios e institucións participantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario