Como sabedes, este entroido quixemos realizar un proxecto sobre as abellas para coñecer mellor o seu mundo. Por iso programamos varias actividades entre as que se atopa o desfile de entroido para o que nos convertemos en diferenes elementos do mundo destes insectos:
Os nenos e nenas de Educación Infantil foron as pequenas abellas do noso abelleiro
O alumnado de 1º e 2º de Primaria, convertíronse nas marabillosas flores que as abellas tiñan que polinizar
En 3º e 4º, transformáronse nuns apetitosos tarros de mel coa súa correspondenete etiqueta de calidade
E non podían faltar os apicultores de 5º e 6º para encargarse de coidar a todas as abellas da colmea
Así disfrazamos e acompañados das persoas que se achegaron ao colexio e dos nenos e nenas do PAI de Sober, saímos a pasear polas rúas do noso concello onde varios veciños tiraron caramelos para disfrute dos cativos/as.
Camiñando, camiñando... chegamos á Praza do Concello onde estivemos un rato bailando e despois o alcalde repartiu chuches para todos!
Rematado o desfile volvemos ao colexio e pola tarde foi o momento do desfrace libre: príncipes, princesas, heroes, guerreiros, animais... todo tivo cabida nesta festa onde todos o pasaron xenial.
Podedes ver todas as imaxes do desfile e do disfrace libre no seguinte enlace:
FELIZ ENTROIDO PARA TODOS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario