Para rematar este proxecto conxunto entre os dous coles, o día 7 de xuño fomos de visita a Moña.
Foi un día moi divertido xa que nos tiñan preparadas moitas actividades:
Primeiro recibíronos no cole os mestres, alumnos/as e dous concelleiros do Concello de Moaña que agasallaron a cada neno cun libro de Os Bolechas en Moaña:
Despois o alumnado de infantil, 1º e 2º de Primaria foi a un barco de mexillóns onde os patróns nos explicaron todas as fases do cultivo dos mexillóns en batea en puidemos ver desde uns mexillóns pequeniños que acababan de saír do ovo ata outros que xa tiñan tamaño comercial.
Mentres tanto o alumnado de 3º a 6º de Primaria foi a unha fábrica de conservas onde descubriron o proceso de transformación do atún tal como sae do mar ata que acaba nunha lata de conservas que podemos mercar.
O xantar realizámolo no parque que teñen ao lado do colexio. Ademais de comer, foi un momento de interacción entre o alumnado dos dous centros no que puideron coñecerse mellor e xogar xuntos.
Pola tarde volvemos a dividirnos, o alumnado de infantil e 1º e 2º de Primaria estivos cun mariñeiro e unha redeira que lles ensinaron diferentes técnicas de pesca e as súas redes correspondentes, ata algúns acabaron pescados como sardiñas!! Tamén aprenderon a arranxar as redes rotas.
O resto do alumnado, foi ás instalacións do equipo de remo e alí puideron probar o duro que é este deporte. Tamén subiron a un barco de pesca onde lles falaron das diferentes especies que abundan na zona e pudieron ver vivas algunhas delas.
Para rematar xogamos un pouquiño coa area e despois camiño da casa que o día foi longo!
MOITAS GRAZAS AO CLAUSTRO DO COLE POLA ORGANIZACIÓN DESTAS ACTIVIDADES, ESTAMOS DESEXANDO RECIBIRVOS!!!
E MOITAS GRAZAS TAMÉN POLOS VOSO AGASALLOS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario