Remata o curso e remata tamén a actividade do club de lectura deste ano e para poñerlle un broche final fixemos unha saída a Monforte de Lemos onde visitamos as instalacións da Policía Municipal xa que un dos libros que máis lle gustou foi Policán, o can policía.
Xa nas instalacións, os policías encargados da nosa visita ensináronnos as oficinas e a sala de cámaras desde onde se ven as zonas peatonais de Monforte á vez que nos explicaron as funcións principais que desenvolven.
Despois saímos á praza e alí mostránonnos os vehículos que utilizan e a equipación que levan. Tamén nos fixeron proba de alcolemia e todos demos 0,0.
Ademais ensináronnos como se fai o atestado dun delito: croquis, fotos, declaracións... e nos explicaron que a policía ten presunción de veracidade que quere dicir que as declaracións dos axentes de policía nos procedementos xudiciais considéranse verdadeiras e non necesitan ser corroboradas por outras probas.
Ao final da visita algúns membros do club remataron esposados pero iso si... ningún no calabozo!!
MOITAS GRAZAS Á POLICÍA MUNICIPAL POR ESTA VISITA NA QUE APRENDEMOS MOITÍSIMAS COUSAS SOBRE O SEU LABOR!!
Despois a excursión rematou cunha visita ao Museo do Viño de Monforte de Lemos pois xa que Sober é zona productora de viño da Ribeira Sacra, tiñamos que facer esta visita tan conectada coa nosa realidade que finalizou co alumnado probando un mosto sen alcol
No hay comentarios:
Publicar un comentario