Esta publicación é un pequeno resumo das mochilas viaxeiras deste curso que en moitos casos, viñeron máis cargadiñas do que foron e que remantan agora en xuño a súa andaina
Algunhas viñeron cargadas con pratos que cociñaron reproducindo receitas dos libros de cociña e outras de agasallos de papiroflexia ou outras manualidades para os compañeiros/as.
No Diario da mochila non faltaron as fotos que compartían momentos do paso das mochilas polas súas casas.
E co libro colaborativo "Lectuvín vai ás olimpíadas" descubrimos moitísimas aventuras que lle ocorreron a Lectuvín practicanto os deportes máis diversos que poidades imaxinar.
MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS PORQUE COA VOSA IMPLICACIÓN FACEDES QUE ESTE ACTIVIDADE SEXA UN ÉXITO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario