jueves, 22 de enero de 2026

CLUB DE LECTURA (5 - 2025/2026)

    Hoxe tivemos unha nova sesión do club de lectura, a última dedicada ao libro Fábulas de Esopo, a antoloxía realizada por Jerry Pinkney.

      A parte de lectura esta sesión viña con sorpresa xa que o noso compañeiro Gabriel que estivo en Brasil, tróuxonos de alí unhas palomitas típicas brasileñas moi diferente ás nosas pero que gustaron moito porque non quedou ningunha. Moitas grazas, Gabriel por lembrarte dos teu compañeiros!


    En canto a lectura en si, podemos dicir que aos membros do club a última parte do libro non lles defraudou senón que as fábulas finais lles gustaron tanto como as anteriores e lles resultaron moi interesantes.


    Despois compartimos as actividades que realizaron voluntariamente entre as propostas no libro: escoitamos unha nova letra para a canción da cigarra composta por Manuel López, ampliamos información sobre a historia do Rei Midas con Saúl, buscamos solucións para abrir unha botella de viño pechada sen ter sacarrollas e realizamos a tarefa de investigación proposta a partir da última fábula: "O leñador e a náiade" que consistía en averiguar as diferenzas entre náiade e serea. Para responder a esta pregunta fixemos unha táboa de comparación que podedes ver a continuación:
 

     Para concluír esta lectura podemos dicir que todas as historias, mesmo as máis curtas nos ensinaron algo. A través de animais que falan e actúan como persoas e das persoas que interveñen, analizamos situacións e sentimentos que nos rodean cada día: envexa, amizade, orgullo, mentira, xenerosidade, esforzo...

     Tamén aprendemos que as decisións teñen consecuencias, e que moitas veces os problemas aparecen cando non escoitamos, cando queremos ser máis que os demais ou cando non pensamos antes de actuar. Ao mesmo tempo, as fábulas lémbrannos o valor da honestidade, a humildade e a cooperación.

    Esperamos que ler este libro nos axude a coñecernos mellor e a entender como convivir cos demais: se aprendemos das historias, poderemos tomar mellores decisións na vida real.
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario