lunes, 26 de enero de 2026

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Lucía

     Hoxe tivemos unha nova familia acompañándonos na actividade As familias contan, a familia da nosa compañeira Lucía de Educación Infantil. Ela e a súa nai Sandra, decidiron ler o libro A rebelión da lectura de Fran Alonso.

 

    Con esta historia trasladámonos a un lugar onde a xente era bastante pobre porque os cobradores do sol da empresa Universo 2.0 ían todos os meses a cobrarlles un recibo moi caro como pago por recibir a luz do sol durante o día.


    Os veciños estaban tan desesperados por esta situación que un día reuníronse para buscar unha solución. Nesa reunión decidiron construír unha casa para poder pecharse e non abrirlles aos cobradores do sol cando viñeran a buscar os cartos.


   Un grupo construíu unha casa de madeira pero o cobrador do sol soprou e soprou ata que a casa derrubou. Outro grupo fixo a casa de pedra pero o cobrador do sol tamén puido derrubala.


   Houbo un tercer grupo que decidiu facer a casa de libros e chamarlle A casa da lectura. Mentres estaban esperando que chegara o cobrador do sol estiveron lendo os libros e de tanto ler, aprenderon moitas cousas como por exemplo que a luz do sol non era de ninguén e que non había que pagar por ela.

 Pero... se a luz do sol non tiña dono e non había que pagar por ela... que pasaría cando chegaran os cobradores do sol e a xente non lles quixera pagar?


 Se queredes saber como remata o conto, podedes escoitar o podcast que Sandra e Lucía gravaron en Lectuvín porque o final desta historia é moi intersante.

 

   MOITAS  GRAZAS  ÁS  DÚAS  POR  COMPARTIR  CON  NÓS  ESTE  LIBRO  CO  QUE  APRENDEMOS  QUE  A  LECTURA  PODE  CAMBIAR  A  MANEIRA  DE  VER  O  MUNDO  QUE  NOS  RODEA  E  AXUDARNOS  A  LOITAR  CONTRA  AS  INXUSTIZAS!! 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario