lunes, 9 de marzo de 2026

DÍA DA MULLER 2026: JANE GOODALL

     O 8 de marzo foi o Día Internacional da MullerComo este ano estamos realizando o proxecto "Misión animal: vida, hábitats e segredos", quixemos escoller a Jane Goodall, unha científica que revolucionou a forma na que entendemos os animais e a nosa relación coa natureza e que, con moito esforzo e paixón, conseguiu cumprir o seu soñoPor iso, neste día lembrámola como un exemplo de curiosidade, respecto polos animais e valentía para seguir os soños.

https://alastensas.com/wp-content/uploads/2025/11/jane-goodall.jpg

  Para coñecer a súa biografía e as cousas que descubriu, algúns biblioaxudantes prepararon un conto basándose no libro Jane Goodall. La mejor amiga de los chimpancés y de la naturaleza da Editorial Shackleton kids e contáronllo ao resto do alumnado.

   Tamén o gravaron en Radiuvín para que todas as persoas que queirades escoitar este podcast, poidades coñecela mellor.

  

   Despois fixemos unha reflexión conxunta sobre os seus logros e os seus descubrimentos e a continuación, por equipos interniveis, convertéronse en pequenos primatólogos que tiñan que observar diferentes imaxes incluídas nunhas fichas con algunhas preguntas para pensar.

   Cando todos os equipos remataron as súas fichas, expuxeron as súas reflexións para que o resto do alumnado puidera aprender o que eles observaran.

   Rematamos con dúas actividades creativas: as crianzas de educación infantil colorearon a Jane Goodall interactuando cun chimpancé e o alumnado de primaria que quixo debuxouse a si mesmo como pequenos exploradores e exploradoras observando diferentes animais.

 

     Como resumo, podemos dicir que hoxe coñecemos a historia de Jane Goodall, unha nena que soñaba coa selva cando moita xente pensaba que non era posible.

     E aínda que houbo quen dicía que era difícil, a súa nai díxolle: "Se traballas duro e cres en ti, poderás facelo.” Así foi como decidiu ser científica nun tempo no que case todos os científicos eran homes.

CADA  NENA  PODE  SOÑAR EN  GRANDE,

CADA  NENO  PODE  APOIAR  E  RESPECTAR, 

TODAS  AS  PERSOAS  PODEN  MARCAR  A  DIFERENZA.

HOXE  LEMBRAMOS  A UNHA  MULLER  QUE  ABRIU  CAMIÑO  E  COMPROMETÉMONOS  A  INTENTAR  CONSTRUÍR  UN  MUNDO  MÁIS  XUSTO  E  IGUALITARIO. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario