"Comezo a ver nenos e nenas fartos de televisión e aburridos cos xogos informáticos que se illan cun libro e se deixan levar pola historia narrada... porque non hai un espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le". G. Grass
lunes, 24 de febrero de 2025
viernes, 21 de febrero de 2025
CLUB DE LECTURA (8 - 2024/25)
Hoxe rematamos coa lectura do libro A pel do mundo de Berta Dávila coas exposicións pendentes.
Julia compartiu con nós o poema Matías que fala sobre Argentina. Con ela aprendemos moito sobre Argentina e os seus costumes como tomar mate.
Flora comentou o poema Sofía sobre unha nena con cancro ingresada no hospital de Varsovia relacionándoo co día do Cancro Infantil que acaba de ser esta semana.
A continuación Dunia contounos moitas cousas sobre Canadá a partir do poema Levi.
miércoles, 19 de febrero de 2025
COMANDAS DO MECO 2025
Como este ano a semana de entroido coincide coa conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro, propoñémosvos unhas comandas do meco baseadas na súa figura.
Non hai que mercar nada, o alumnado poderá utilizar complementos que teña na casa.
Esperamos que disfrutedes!
martes, 11 de febrero de 2025
DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA: LAURA LLANO RODRÍGUEZ
A Asamblea Xeral das Nacións Unidas conmemora o 11 de febreiro o Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia, coa intención de visibilizar "o labor das científicas, promover a realización de actividades e fomentar vocacións científicas que axuden a pechar a brecha de xénero na ciencia".
![]() |
| Imaxe: Asesoría Bibliotecas Escolares |
Por esta razón invitamos hoxe ao colexio a Laura Llano Rodríguez, ex-alumna do centro que estudou o Grao en enxeñería eléctrica e traballa na actualidade nunha empresa de consultoría enerxética, concretamente na xestión das liñas de alta tensión.
Ela comezou falándonos da importancia da electricidade na vida cotiá (acender ou apagar a luz, o frigorífico, a lavadora...) e as diferentes formas que temos de conseguir electricidade.
Tamén nos trouxo unha maqueta feita con culleres e un tapón de plástico que ao xirar acendía un pequeno led coa que nos explicou o seu funcionamento: por que as veces as aspas non funcionan aínda que haxa vento, por que non poden funcionar se hai moito, como xiran para aproveitar a dirección do vento...
Tamén aprendemos como son os cables de alta tensión: que poden ser de cobre ou aluminio porque ambos son bos materiais condutores (aínda que nos dixo que o mellor era o ouro pero sairía demasiado caro) e as diferenzas que hai entre eles dependendo se son dos que van polas torres ou se son dos que van soterrados.
Para rematar Laura respondeu a todas as preguntas dos nosos nenos e nenas que vos podemos dicir que non foron poucas!
Se queredes saber moitas máis cousas sobre o traballo de Laura, podedes escoitar o seguinte podcast no que responde ás preguntas de Lara, Nayara e Daniela.
MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA!!
ESPERAMOS QUE A TÚA EXPERIENCIA NOS AXUDE A COMPRENDER QUE AS NENAS E OS NENOS PODEN SER O QUE QUEIRAN SER.
viernes, 7 de febrero de 2025
AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Antía
Hoxe recibimos por primeira vez en As familias contan a Rocío e Elías, os pais de Antía; pero non é a primeira vez que veñen á biblioteca porque eles colaboraron con nós dándolles aos nenos e as nenas do cole varios obradoiros de scratch cando comezamos a introducirnos no mundo dos escornabots e da programación aló polo 2017.
Neste libro Fina vai a visitar a súa avoa porque lle gusta moito que lle conte historias de cando estivo nas Américas e buscar despois información en internet sobre as cidades e os lugares dos que lle fala.
Finalmente Fina e a súa avoa convértense nunhas verdadeiras cartógrafas dixitais e anímannos a entrar na páxina web do proxecto openstreetmap.org para que todos poidamos empezar a engadir cousas facendo entre todos un mapa colaborativo do mundo moito máis completo.
Para rematar Elías, Rocío e Antía estiveron en Radiuvín para que todos poidades coñecer completa a historia de Fina, a súa avoa e os mapas.
CLUB DE LECTURA (7 - 2024/25)
Seguimos coa lectura do libro: A pel do mundo de
Berta Dávila. Na sesión de hoxe seguiremos viaxando a diferentes partes do mundo cos nenos e as nenas do club de lectura.
Lara e Itzae, prepararon información sobre Grecia tomando como base o poema Sotiri que nos fala dunha familia de pescadores.
miércoles, 5 de febrero de 2025
XORNADA BIBLIOTECA CREATIVA 2024 - 2025
Este mércores tivo lugar a Xornada de Formación de Biblioteca Creativa 2024-25 que foi inaugurada por Elena María Castro Villalón, Xefa de Servizo de Innovación e Programas Educativos, na que participamos todos os centros que formamos parte do proxecto Biblioteca Creativa.
QUERES ARGALLAR? de F. G. R.
Queremos darlle as grazas á Asesoría de Bibliotecas por ternos escollido entre todos os centros que participan, pois esta elección é un orgullo para nós xa que recoñece o traballo que realizamos no eido da biblioteca como laboratorio creativo de aprendizaxe: escornabots, programación, impresora 3D, educación audiovisual, proxectos...
MOITAS GRAZAS A TODAS AS PERSOAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA E FÓRA DELA QUE COLABORAN CON NÓS EN TODOS OS NOSOS PROXECTOS!!
.png)
.png)
.png)

.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)


.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)




.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)