lunes, 13 de marzo de 2017

SCRATCH JUNIOR CON ELÍAS E ROCÍO

  O alumnado de 1º e 2º comeza hoxe a súa andaina para coñecer fundamentos básicos de programación a través de Scratch junior.

    Para isto contamos coa axuda de Elías e Rocío, os papás de Antía, que son programadores informáticos e de forma completamente voluntaria e altruista veñen a adicarlles unhas sesións ao noso alumnado.

   Comezan explicándonos que é iso de programar e onde podo atopar programación informática no meu día a día.
   Despois achegámonos ás ordes básicas de Scratch a través duns carteis que elaboraron e que serven para programar a Elías que se nos transforma nun robot levando a cabo o que os nenos e nenas programan.




   E despois disto pasamos a Scratch junior nas tables onde poñemos en práctica o aprendido e moitas cousas máis subindo a dificultade inicial: bucles, escenarios, personaxes interactuando... 



UNHA  SESIÓN  MOI  INTERESANTE!!
MOITAS  GRAZAS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario