Os escornabots tamén nos axudan a reforzar o coñecemento da nosa moeda.
Nesta actividade traballaremos tanto cos billetes como coas moedas de euros e de céntimos.
BILLETES: colocamos os billetes nun taboleiro ao azar e ímoslle pedindo aos alumnos que acaden un ou otro billete. Para facelo un pouco máis complicado, en vez de pedirlle un só billete podemos pedir cantidades que resulten da suma de varias: 70 €, 40 €...
MOEDAS: facemos o mesmo pero agora coas moedas de 1 €, 2 € e as de céntimos
MOEDAS E BILLETES: o terceiro paso, foi mezclar moedas e billetes pedindo cantidades que combinen ambos como 12,50 € ou 8 € e 30 céntimos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario