- Acto conmemorativo do “8 de marzo, Día Internacional da Muller”
na Praza de España: o alumnado de 5º e 6º de Primaria participoun nun acto no que a Concelleira de igualdade de Monforte de Lemos, Marina Douton Rajo: procedeu á lectura dun manifesto pola igualdade. Cada un dos participantes, levaba un cartel na man con lemas a favor da igualdade.
- Entrega do libro "Lola de Penelas. Unha muller para o 8 de marzo": o CIM entregou varios exemplares deste libro elaborado no obradoiro do mesmo nome que se levou a cabo nos centros escolares de comarca. Neste obradoiro, o alumnado fixo un traballo de reflexión sobre a vida das mulleres artesáns galegas e plasmaron en imaxes esta reflexión a través da súa vida.
- Debate e reflexión sobre a igualdade entre sexos: este ano no colexio quixemos traballar a igualdade entre sexos como base fundamental na educación entre nenos e nenas. Igualdade legal en dereitos e deberes, igualdade cultural e igualdade social.
Tamén convocamos ás familias para que lles fagan fotos aos seus fillos /as facendo algo que tradicionalmentes se asocie ao sexo contrario: tarefas da casa, tarefas na horta, oficios, xogos infantís...para elaborar unha presentación e que eles sexan conscientes de que todos e todas podemos facer de todo.

- Visionado do conto "Lola de Penelas. Unha muller para o 8 de marzo": rematamos os actos deste día co visionado deste conto; no que a xornalista Manola Porto puxo voz ao texto ilustrado polos nenos e nenas da comarca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario