jueves, 23 de marzo de 2017

SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA

    Xa van varios anos que participamos nesta semana escolar da árbore e da auga proposta pola Deputación de Lugo coa intención de aprender a respectar e aprender sobre a natureza da nosa provincia.

   Eva, o trasno e o ameneiro é a historia que nos propoñen este ano para Educación Infantil; escrita por X.A. Perozo e ilustrada por Estefanía Padullés

   Eva é unha nena que ten un ameneiro que é da súa familia desde hai varias xeracións; pero un día a árbore vese en peligro por un leñador que quere facer leña dela...menos mal que entre ela e o trasno Crispín argallaron unha solución.

    Os biblioaxudantes Rocío, Herbert, Manuel e Marco, foron os encargados de ler o conto na biblioteca para todo o alumnado. 


    Agora o conto viaxa a casa de cada un dos nenos e nenas de Infantil para que o respecto e o coñecemento da natureza chegue tamén ás súas familias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario