martes, 7 de marzo de 2017

EXPRESIÓN ORAL E ESCRITA



     Necesitamos un taboleiro con casillas de expresión oral e de expresión escrita, tarxetas en branco para as probas de expresión escrita e tarxetas con probas de expresión oral que o alumnado pode realizar en menos dun minuto, similares ás seguintes:
 
     Consensuamos os puntos necesarios para gañar a partida: 10, 15… e empezamos. 
      O xogador tira os dados e colle unha tarxeta correspondente á casilla na que caia. Se é unha casilla de expresión oral debe realizar a proba que lle toque, se é de expresión escrita debe escribir unha proba sen faltas de ortografía que pasará ao montón das probas de expresión oral.     


      Por cada proba realizada correctamente o xogador gaña un punto escornabótico. Gaña o xogo o xogador que antes consiga os puntos acordados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario