viernes, 17 de abril de 2026

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Estrela e Noé

   Hoxe recibimos na nosa biblioteca a Paula, a Estrela e a Noé, para unha nova sesión de As familias contan. Con eles desfrutamos moito da lectura do libro Desconectados, de Míriam Tirado;  un conto para reflexionar sobre un tema moi presente no noso día a día: o uso das pantallas.

    Escoitando a historia coñecemos a unha familia un pouco peculiar (ou non tanto!) na que cada membro está inmerso no seu propio dispositivo: o móbil, a tablet ou a televisión. Aínda que comparten o mesmo espazo, apenas se miran, non conversan e non gozan do tempo xuntos.

 

    Pero un día, hai algo que cambia a súa rutina e fai que os pais se decaten de algo importante: estaban conectados á tecnoloxía, pero totalmente desconectados entre eles! Claro que isto non era moi doado de solucionar xa que as crianzas non estaban moi dacordo coas limitacións tecnolóxicas. 


  Aínda con enfado e todo remataron por pasar máis tempo xuntos, xogar, debuxar, ler historias... en fin... facer cousas en familia!!

  Así foi como se deron conta da importancia de atopar un equilibrio entre o uso das pantallas e os momentos compartidos en familia polo que estableceron unhas normas de uso que deberán cumprir: non se trata de rexeitar a tecnoloxía, senón de aprender a empregala para que non substitúa ás relacións persoais.

   Se queredes escoitar enteiro este conto tan interesante, podedes facelo no seguinte podcast que Estrela e Noé grabaron en Radiuvín

 

 MOITAS  GRAZAS  AOS  TRES  POR  COMPATIR  CON  NÓS  ESTA  HISTORIA  QUE  NOS  FIXO  REFLEXIONAR  SOBRE  UN  TEMA  MOI  ACTUAL  E  SOBRE  A  IMPORTANCIA  DOS  VÍNCULOS  FAMILIARES!!

OXALÁ  SAIAMOS  DAS  PANTALLAS  PARA  ENTRAR  NOS  CORAZÓNS!! 

 GALERÍA  DE  IMAXES 

No hay comentarios:

Publicar un comentario