Na actividade "As familias contan" de hoxe tivemos á familia dos nosos alumnos Teo e Sía; unha familia que é máis que familia xa que Antía, a súa nai, é a mestra de infantil e Ada, a irmá maior, foi alumna do centro ata que marchou ao instituto.
Entre os catro contaron o libro Me quiero mucho de Lucía Serrano, que nos fala sobre a importancia da autoestima e de quererse a un mesmo.
Iste é un tema moi importante para tratar cos nenos e as nenas xa que vivimos nunha sociedade que lle dá moito valor á beleza externa e ao aspecto físico. Ademais hai factores como a publicidade, as redes sociais, os debuxos, as series... que mostran continuamente "corpos perfectos" e "vidas perfectas" caendo en esterotipos que deberiamos eliminar.
Entón, quen decide como é un "corpo perfecto"? Neste sentido, o libro tamén comparte unha reflexión moi interesante xa que inclúe un repaso histórico do concepto de beleza ao longo dos anos: sabiades que antes ter sobrepeso e a pel moi pálida era considerado beleza? Ou que en China lles envolvían os pés ás nenas para que non lle creceran porque os pés pequenos eran considerados moi bonitos aínda que iso lles provocara que non puideran andar e os deformara?
Pois non, podemos pedir axuda, rodearnos de persoas que nos traten ben e separarnos dos que nos amolan. E se vemos que se están burlando de alguén podemos axudalo dicíndolle que veña a xogar con nós.
Sobre todo a importancia desta historia é a mensaxe final: temos que querernos moito por nós memos, dicirnos todos os días cousas bonitas, poñernos fronte ao espello se fai falta e destacar as cousas que nos gustan de nós mesmos porque todos somos especiais e todos somos perfectos!
Se queredes escoitar este conto tan especial para querervos un pouco máis, podedes facelo no seguinte podcast que nos gravaron en Radiuvín.
MOITAS GRAZAS AOS CATRO POR COMPARTIR CON NÓS ESTA APRENDIZAXE!!
A VER SE SOMOS QUEN DE LEVAR A CABO A RECEITA PARA UN CORPO CONTENTO: CANTAR, BAILAR E RIR CADA DÍA, UNHAS CANTAS PALABRAS BONITAS E UNS BOS ABRAZOS!!
E POR SUPOSTO... QUERERNOS MOITO!!
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario